CETGA – Centro Tecnolóxico do Cluster da Acuicultura
solucións innovadoras para o sector acuícola
O CETGA é un Centro de Investigación privado, con número de centro 134, cuxa misión é ofrecer solucións innovadoras ás empresas para a mellora de produtos, procesos e sistemas, mellorando a competitividade a través da I+D e a Industria 4.0 creando así novas oportunidades de negocio.
Desenvolve proxectos financiados directamente por outras empresas ou mediante fondos públicos conseguidos a través de diferentes convocatorias competitivas tanto de ámbito nacional como internacional. Desenvolvendo así actividades en diversas áreas de coñecemento enfocado ao sector acuícola.
O seu propósito é desenvolver unha investigación tecnicamente actualizada, sólida e creativa, que permita contribuír ao avance do coñecemento e a súa aplicación para afrontar os retos que se expoñen no desenvolvemento dunha sociedade sostible.