Background

Capacidades do Centro

Análises xenéticas

Servizo de extracción de ácidos nucleicos (ADN/ARN) e detección de patóxenos mediante análise de temperatura de fusión, PCR en tempo real (Realtime PCR) ou RFLP (Restriction fragment length polymorphism). As principais aplicacións nas que traballamos son na identificación e cuantificación de microorganismos patóxenos e análises por expresión xénica para diferentes xenes e especies etc. Non dubide en consultarnos para análise personalizada.

Proteínas icono

Análises proteicos

Servizo de preparación e separación de mostras proteicas mediante electroforesis mono ou bidimensional, con opción de tinguir (Azul de Coomasie ou Prata) ou inmunoensaio posterior (Western Blot).  Existe posibilidade de realización de mini ou maxi xeles. Dispoñemos tamén de servizo de cuantificación e análise de proteína total mediante cromatografía.

Anticuerpos icono

Inmunoensaios

Servizo de detección de anticorpos de forma cualitativa e cuantitativa mediante técnicas de Western blot e ELISA, respectivamente. Actualmente de uso para as principais especies de cultivo en acuicultura pero con posibilidade de adaptar o ensaio a especies diferentes.

Patógenos icono

Servizo de detección e identificación de patóxenos

Mediante ensaios xenéticos e estudo de parámetros bioquímicos. Unha das principais limitacións na identificación de patóxenos mariños é a existencia de métodos de diagnóstico rápidos que permitan facer un seguimento e control a tempo das patoloxías. Servíndonos de ferramentas de bioloxía molecular, en especial da reacción en cadea da polimerasa (PCR) en tempo real, desenvolvemos un servizo de identificación dos principais patóxenos de peixes de modo rápido e preciso, aumentando os niveis de detección, e en certos casos complementando esta técnica coa análise de parámetros bioquímicos para dar un diagnóstico o máis fiable e eficaz posible.

Microscopio icono

Produción de autovacuna monovalente e polivalente

Análises nutricionais

Clones icono

Produción monoclonal e policlonales

No CETGA leva a cabo a produción de anticorpos monoclonales e policlonales, tanto en peces como en mamíferos, fronte ás inmunoglobulinas de distintas especies de peixes, así como fronte a patóxenos específicos parasitarios, virais e bacterianos.

Ensayos icono

Ensaios

A integración do noso equipo de traballo multidisciplinar conferiunos a capacidade de elaborar deseños innovadores aos problemas do sector acuícola, así como outros sectores da gandería tradicional, alimentación humana e industria farmacéutica.

As nosas instalacións permitíronnos a realización de ensaios experimentais a escala preindustrial e o procesado de mostras in situ.Todo iso supuxo a obtención de resultados fiables facilmente extrapolables ao sector. Nos ámbitos de alimentación, saúde animal, ambiental e enxeñería.