Entre as vantaxes á hora de profesionalizar a elaboración e xestión dos proxectos destacamos:
Proxectos do Centro
SALROC
Diversificación de especies en piscicultura mariña mediante o cultivo de Salmonete de roca (Mullus surmuletus)
O proxecto SALROC ten como obxectivo contribuír a diversificación das especies piscícolas mariñas de Galicia mediante o peche do ciclo económico de cultivo de Salmonete de roca. Evaluaráse a posibilidade de cultivar esta especie de maneira individual ou de maneira conxunta con outras especies de peixes planos, como o rodaballo e o linguado.
Data de inicio: 25/09/2024 | Data de finalización: 31/10/2027
Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea. Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Xunta de Galicia.
ChernAdvance
Optimización integral do cultivo larvario do Polyprion americanus
O proxecto ChernAdvance busca desenrolar e implementar un sistema sostible para a produción de cherna en cautividade centrándose na fase de cultivo larvario. O seu obxectivo é aumentar a supervivencia das larvas, optimizar protocolos de cultivo e avanzar no peche do ciclo de cría. Esto fomentará unha acuicultura sostible e unha produción mais eficiente e responsable.
Data de inicio: 15/08/2024 | Data de finalización: 15/08/2025
Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea. Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Xunta de Galicia.
LETEELEG
Avaliación de diferentes metodoloxías de atordamento para linguado senegalés aplicando innovadoras tecnolóxicas electrofisiolóxicas
O proxecto LETEELEG está encamiñado a desenvolver técnicas que permitan determinar o grado de consciencia e benestar do linguado senegalés, tras a aplicación de diferentes métodos de atordamento previos ao sacrificio mediante a implementación de tecnoloxías electrofisiolóxicas innovadoras.
Data de inicio: 01/08/2024 | Data de finalización: 15/10/2025
Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea. Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Xunta de Galicia.
VACALOR
Innovacións en vacinas orais para rodaballo
Un dos principais problemas que dificultan o desenvolvemento do sector da acuicultura é a aparición recorrente de enfermidades infecciosas, que ocasionan importantes perdas económicas. Debido ás restricións no uso de tratamentos antibióticos e axentes quimioterapéuticos impostas pola lexislación actual, a vacinación preséntase como a ferramenta máis efectiva e sostible para previr a aparición de enfermidades. A inmunización mediante a vía oral é de doada aplicación e non implica a manipulación dos animais, polo que non xera estrés, aínda que presenta outros problemas como a baixa eficacia debido á degradación do antíxeno no tracto dixestivo. O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento dunha formulación efectiva e accesible para a inmunización oral no rodaballo, mediante o uso de nanopartículas e a procura do protocolo de inmunización máis eficaz, tendo en conta ademais o efecto dos ritmos circadianos, para conseguir unha protección eficaz e duradeira.
Data de inicio: 01/08/2024 | Data de finalización: 15/10/2025
Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea. Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Xunta de Galicia.
AQUATROFIC
Potenciación do cultivo de macroalgas e outras especies de interese e integración en configuracións IMTA como contribución ao crecemento da economía azul.
O proxecto AQUATROFIC prevé contribuír ao crecemento da economía azul española mediante o desenvolvemento e potenciación do cultivo multitrófico en espazos produtivos singulares de Andalucía e Galicia. O proxecto desenvolverá o cultivo de macroalgas autóctonas a partir da sementeira en cordas de distintas estruturas microscópicas, e realizaranse cultivos piloto da integración destas cordas sementadas xunto con diferentes especies e grupos funcionais en sistemas IMTA, avaliándose o potencial biorremediador deste tipo de cultivos.
Data de inicio: 01/08/2024 | Data de finalización: 15/10/2025
Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea. Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Xunta de Galicia.
MIVALI
Desenvolvemento de vacinas microencapsuladas fronte a Aeromonas salmonicida en rodaballo.
O obxectivo específico do proxecto é desenvolver novas formulacións vacinais que prolonguen o período de profilaxe e confiran un efecto protector a longo prazo. Os obxectivos técnicos deste proxecto céntranse no desenvolvemento de tecnoloxías de encapsulación que permitan a liberación controlada de antíxenos e que confiran estabilidade a diferentes pHs compatibles coas condicións fisiolóxicas dos peixes. Paralelamente, investigarase o desenvolvemento dunha vacina de subunidades mediante unha selección de posibles proteínas candidatas a vacina a través de enfoques bioinformáticos e de bioloxía molecular. Analizaranse diferentes parámetros inmunolóxicos comparando os resultados do desafío cos parámetros inmunolóxicos. Coas fórmulas obtidas, realizaranse ensaios in vivo a diferentes escalas para comprobar a eficacia da vacina e establecer unha dose-resposta óptima.
Data de inicio: 01/11/2022 | Data de fin: 01/11/2025
Financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, a Axencia Estatal de Investigación (10.13039/501100011033) e pola Unión Europea “NextGenerationEU” no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilienciapor a Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria. Instituto Galego de Promoción Enconómica (IGAPE).
CLÚSTERES
Axudas ás agrupacións empresariais (Clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia.
O seu obxectivo é mellorar as competencias tecnolóxicas e elevar a competitividade das empresas do sector acuícola. Isto acadarase mediante a implementación dunha rede de coñecemento, desenvolvemento de capacidades e consolidación da innovación tecnolóxica.
Data de inicio: 10/01/2022 | Data de fin: 15/10/2024
Cofinanciado pola Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria. Instituto Galego de Promoción Enconómica (IGAPE).
EDiH DATAlife
Digital Innovation Hub para o despregamento de Intelixencia Artificial e análise de datos en pemes do sector primario, biotecnolóxico e sanitario.
DATAlife ten como obxectivo principal acelerar a transformación dixital, creando unha economía xusta, verde e saudable, axeitada para a era da información. Unha revolución dixital de alta calidade centrada nas persoas, o entorno e o seu benestar. Isto acadaráse aumentando a intelixencia artificial nas pemes e nas administracións públicas con aplicacións fáciles de usar; creando espazos de datos colaborativos e federados; reducindo a carga de traballo dos traballadores mediante a recuperación automática de datos con IoT; mantendo a competitividade a través do uso de HPC e protexendo os datos sensibles coas últimas aplicacións europeas de ciberseguridade.
Data de inicio: 01/12/2022 | Data de fin: 30/11/2025
Este proxecto recibiu financiamento do programa Europa Dixital baixo o Acordo de Subvención nº 101083755
FISHEUTRUST
Integración europea de novas tecnoloxías e solucións socioeconómicas para aumentar a confianza e o compromiso dos consumidores cos produtos do mar.
O obxectivo principal é garantir a sostibilidade no sistema alimentario e ofrecer solucións para unha cadea de subministración de produtos do mar transparente e trazable, necesaria para promover os alimentos mariños de cultivo de alta calidade en toda Europa.
Data de inicio: 01/06/2022 | Data de fin: 31/05/2026
Financiación do programa Horizonte Europa da Unión Europea baixo o acordo de subvención
PISCIBIEN
Desenvolvemento e implementación de estratexias innovadoras para a mellora do benestar dos peixes en puntos críticos do cultivo acuícola.
O obxectivo xeral do proxecto é desenvolver estratexias, metodoloxías e protocolos para medir o benestar dos peixes nos puntos críticos nos que dito benestar está máis comprometido, coa finalidade de proporcionar guías e protocolos para a industria acuícola e auxiliar.
Data de inicio: 01/05/2017 | Data de fin: 30/09/2022
Este proxecto recibiu financiamento do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea en virtude do Acordo de subvención nº 727610
FISHEALTH
REDE FISHEALTH: REDE DE EXCELENCIA APLICADA Á INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE SOLUCIÓNS PARA O CONTROL DE ENFERMIDADES INFECCIOSAS NA PRODUCIÓN ACUÍCOLA
O proxecto REDE FISHEALTH ten como obxectivo desenvolver novas ferramentas e plataformas integradas de prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades infecciosas en acuicultura e reforzar a competitividade do sector acuícola, mediante un proceso de transferencia de I+D+i que permita diminuír o impacto destas patoloxías na acuicultura española.
Data de inicio: 01/01/2021 | Data de fin: 31/12/2023
Financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e o Ministerio de Ciencia e Innovación
SERSBIOTECH
Sistema IoT de Detección Automática de Patóxenos en Auga mediante Intelixencia Artificial, Biotecnoloxía e integración tecnolóxica nano SERS para a Prevención e Control de Gromos Infecciosos en Explotacións Acuícolas.
Ten como obxectivo o desenvolvemento dunha nova xeración de biosensores ultrasensibles baseada no uso combinado de nanoquímica, recoñecemento molecular e bio-funcionalización, nun sistema de cromatografía de fluxo lateral (LFA) integrado nun software de espectroscopía de dispersión Raman (SERS).
Data de inicio: 01/05/2021 | Data de fin: 30/04/2023
Financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
ACUICULTURA 4.0
Aplicación de tecnoloxías de visión e intelixencia artificial á mellora do proceso produtivo.
O obxectivo é a mellora na cadea produtiva dos individuos dunha determinada especie que se atopan en instalacións acuícolas baseadas en tanques, desde a sementeira das larvas ata a súa chegada á cadea de distribución. Esta mellora busca maximizar a produción dos tanques e mellorar a calidade do produto final, respectando en todo momento a calidade de vida dos animais.
Data de inicio: 30/12/2021 | Data de fin: 30/08/2023
Financiado polo Instrumento Next Generation RD 685/2021
ROTELEEG
Aplicación de técnicas electroencefalográficas no atordamento e sacrificio do rodaballo
O obxectivo principal do proxecto é deseñar e optimizar unha metodoloxía para realizar electroencefalogramas en rodaballo e poder así avaliar de maneira eficaz e economicamente viable o estado de atordamento do animal, garantindo o seu benestar.
Data de inicio: 17/02/2023 | Data de fin: 30/09/2023
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo: Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020. Xunta de Galicia.
PEFORMFISH
Mellora dos KPI en acuicultura
Integración dos enfoques innovadores para a mellora das actuacións de competitividade e sustentabilidade na cadea de valor da acuicultura mediterránea, en especies de alto valor comercial como a dorada e a lubina. O obxectivo deste proxecto consiste en mellorar aspectos relacionados con innovacións biolóxicas e técnicas operacionais que permitan integrar solucións efectivas.
Fecha de inicio: 01/05/2017 | Fecha de fin: 30/09/2022
Este proyecto ha recibido financiación del programa de investigación e innovación Horizonte 2020 de la Unión Europea en virtud del Acuerdo de subvención no 727610
ACUISTAR
Estratexias para valoración de estrela de mar Marthasterias glacialis
Este proxecto ten como obxectivos, por un lado, analizar o aproveitamento das estrelas de mar como materia prima en varios sectores produtivos, analizar o perfil nutricional e o posible contido de substancias tóxicas en mostras de estrelas de mar obtidas en localizacións separadas xeograficamente ao longo da costa galega. E por outro lado, analizar a presenza de patóxenos nas mostras de estrelas de mar e avaliar a viabilidade do uso da estrela de mar como materia prima para a elaboración de abonos ou emendas orgánicas para a agricultura.
Fecha de inicio: 09/10/2019 | Fecha de fin: 09/10/2021
Colaboración de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través del Programa pleamar, cofinanciado por el Fondo Europeo Marítimo y Pesca (FEMP)
CEDISAR
Coanálise EDNA-QPCR para detección rápida de índice sanitario en rodaballo
O emprego deste índice permite optimizar a xestión sanitaria dos centros de acuicultura, proporcionando solucións innovadoras baseadas en novos desenvolvementos de I+D que axuden a aumentar a produtividade e a competitividade tecnolóxica do sector.
Data de inicio: 01/07/2021 | Data de finalización: 15/10/2022
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.
ORALBOOST
Desenvolvemento de novas vacinas orais en peixes e estudo da súa eficiencia
Este proxecto foi deseñado co obxectivo de formular vacinas orais eficaces para a súa aplicación en acuicultura e que aseguren unha liberación óptima e controlada a nivel intestinal, dando orixe deste xeito a unha estimulación efectiva do sistema inmunitario.
Data de inicio: 01/07/2021 | Data de finalización: 15/10/2022
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.
CUCADLIM
Tempo de residencia e eliminación de tóxicos en tecidos de ameixa
O principal obxectivo do proxecto CUCADLIM foi determinar e estudar técnicas que permitiran minimizar o impacto dos metais cobre e cadmio na supervivencia e crecemento da ameixa xapónica (Ruditapes philippinarum).
Data de inicio: 01/08/2021 | Data de finalización: 15/10/2022
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020
NANOCULTURE
Avaliación de riscos e mitigación da presenza de nanomateriais de enxeñeira na acuicultura atlántica
O obxectivo principal é avanzar no coñecemento, avaliación de riscos e mitigación da presenza ambiental das nanopartículas de enxeñeira máis utilizadas nos produtos do mercado.
Data de inicio: 29/05/2019 | Data de finalización: 01/05/2022
Financiado polo Programa Operativo Interreg Área Atlántica
ACUINANO
Impacto de nanopartículas metálicas en ecosistemas acuáticos e en produtos de acuicultura. Desenvolvemento de métodos para a súa detección
O obxectivo principal é avanzar no coñecemento dos posibles efectos tóxicos das nanopartículas metálicas (nps) de TiO2 e Ag nos ecosistemas acuáticos relacionados co sector da acuicultura, así como no estudo dos posibles efectos nos peixes e a súa posible implicación na alimentación humana.
Data de inicio: 19/06/2019 | Data de finalización: 31/12/2021
Financiado polo programa operativo EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP)
INvertebrateIT
Data de inicio: 01/04/2017 | Data de finalización: 31/03/2019
Financiado pola Unión Europea no marco do programa EASME/EMFF/2016/1.2.1.3/02/S12.751532
FISHFLOC
Innovación no cultivo de peixes mariños aplicando a tecnoloxía biofloc en diferentes etapas para unha acuicultura máis sostible.
A tecnoloxía biofloc (TBF) permite minimizar o consumo de auga nos sistemas acuícolas, ao mesmo tempo que reduce a emisión de residuos ao transformalos en bioflóculos ricos en proteínas, que á súa vez serven como alimento.
O obxectivo deste estudo foi avaliar a aplicabilidade de TBF na fase larvaria do cultivo de rodaballo ao consideralo como unha evolución lóxica dos métodos de cultivo en auga verde.
Data de inicio: 15/11/2020 | Data de finalización: 15/11/2021
Colaboración da Fundación Biodiversidade, Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP
SERIOLA
Diversificación da acuicultura española mediante a optimización do cultivo de seriola (Seriola dumerilli)
O obxectivo do proxecto é impulsar a produción de Seriola ou Medregal (Seriola dumerilli) a nivel industrial en diferentes rexións españolas. En canto aos obxectivos específicos, concentráronse en tres liñas de actuación nas que é necesario aplicar un maior esforzo para a implementación do cultivo a escala comercial. Optimización dos protocolos e dietas de destete durante a fase larvaria; Avaliación de sistemas de cultivo e implementación de dietas funcionais durante a fase de engorde; Definición de protocolos e estratexias de actuación ante as principais patoloxías que afectan ao cultivo desta especie.
Data de inicio: 30/10/2017 | Data de finalización: 31/12/2018
Conforme ás condicións da convocatoria das axudas á investigación nos Plans Nacionais de Acuicultura JACUMAR financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 (BOE Nº145 do 16/06/2016)
AQUADAPT
Implementación do plan de acción para a adaptación do sector piscícola mariño español ao cambio climático
O proxecto está totalmente alineado cos obxectivos do PNACC, propondo accións e medidas de adaptación concretas para contribuír á adaptación do sector piscícola mariño ao cambio climático. Ademais, proporciona un coñecemento dos efectos do cambio climático no sector da piscicultura mariña no noso país, e tamén a nivel europeo, que contribuirá ao traballo sinérxico da comunidade científica, actores do tecido empresarial e as administracións.
Data de inicio: 01/09/2017 | Data de finalización: 30/06/2018
Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA)
AQUATRACE
O desenvolvemento de ferramentas para o seguimento e a avaliación do impacto xenético dos peixes de acuicultura: “AquaTrace”
Proxecto destinado ao estudo dos cambios xenéticos asociados á acuicultura en peixes, que poderían supoñer unha ameaza para a xenética dos peixes salvaxes. Con este proxecto trátase de analizar desde unha perspectiva xenética se as fuxidas de pobos acuícolas teñen algún impacto no medio no caso de que chegase a producirse.
Data de inicio: 30/10/2017 | Data de finalización: 31/12/2018
Conforme ás condicións da convocatoria das axudas á investigación nos Plans Nacionais de Acuicultura JACUMAR financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 (BOE Nº145 do 16/06/2016)
FISHBOOST
Melora da acuicultura europea avanzando na selección selectiva para o seguinte nivel das seis principais especies de peixes óseos
Neste proxecto investigouse a mellora da selección de reproductores a través de avanzados sistemas de selección das 6 especies máis importantes no sector acuícola europeo.
Data de inicio: 01/02/2014 | Data de finalización: 31/01/2019
FISHBOOST foi financiado pola Comisión Europea dentro do 7º Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico co acordo de subvención nº 613611
ACUAENERGY
Melora a competitividade das plantas acuícolas a través da eficiencia enerxética
O obxectivo xeral deste proxecto é mellorar e potenciar o crecemento do sector da acuicultura mediante a identificación, análise e difusión de solucións enerxéticas sostibles ambiental e economicamente.
Data de inicio: 23/05/2019 | Data de finalización: 30/06/2021
Financiado polo programa operativo EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP)
POLIAQUA
Estudo e desenvolvemento industrial de sistemas de policultivo integrado peixes-macroalgas-herbívoros que permitan o aproveitamento de efluentes de instalacións acuícolas
O obxectivo é estudar e desenvolver metodoloxías a escala piloto para reducir os niveis de nitróxeno e fósforo dos efluentes que serán aproveitados para producir orella de mar, un molusco de alto valor comercial.
Data de inicio: 09/10/2019 | Data de finalización: 09/10/2020
Colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
INNOACUI
Incorporación da innovación en relación co benestar animal en peixes da acuicultura de España
Desenvolvemento e aplicación de coñecementos técnicos ou organizativos innovadores nas explotacións acuícolas que melloren o benestar animal, faciliten os métodos de produción sostible e reduzan o impacto no medio ambiente.
Data de inicio: 09/12/2019 | Data de finalización: 08/12/2020
Colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
NANORVAC
Uso da nanotecnoloxía no deseño de novas vacinas orais en acuicultura
O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento dunha vacina oral baseada en nanotecnoloxía comprobando a súa eficacia para transfirala ao sector acuícola
Data de inicio: 21/08/2019 | Data de finalización: 15/10/2020
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. (2014-2020). Xunta de Galicia. Consellería do Mar
AQUAFREEZE
Estudo dun novo método de aturdimento con auga conxelada de elevada forza iónica
O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento dun método de aturdimento alternativo con xeo líquido que permita a inconsciencia inmediata dos exemplares antes do seu sacrificio.