Background

Servizos do Clúster

Análises xenéticas

Servizo de extracción de ácidos nucleicos (ADN/ARN) e detección de patóxenos mediante análise de temperatura de fusión, PCR en tempo real (Realtime PCR) ou RFLP (Restriction fragment length polymorphism). As principais aplicacións nas que traballamos son na identificación e cuantificación de microorganismos patóxenos e análises por expresión xénica para diferentes xenes e especies etc. Non dubide en consultarnos para análise personalizada.

Análises proteicos

Servizo de preparación e separación de mostras proteicas mediante electroforesis mono ou bidimensional, con opción de tinguir (Azul de Coomasie ou Prata) ou inmunoensaio posterior (Western Blot).  Existe posibilidade de realización de mini ou maxi xeles. Dispoñemos tamén de servizo de cuantificación e análise de proteína total mediante cromatografía.

Inmunoensaios

Servizo de detección de anticorpos de forma cualitativa e cuantitativa mediante técnicas de Western blot e ELISA, respectivamente. Actualmente de uso para as principais especies de cultivo en acuicultura pero con posibilidade de adaptar o ensaio a especies diferentes.

Servizo de detección e identificación de patóxenos

Mediante ensaios xenéticos e estudo de parámetros bioquímicos. Unha das principais limitacións na identificación de patóxenos mariños é a existencia de métodos de diagnóstico rápidos que permitan facer un seguimento e control a tempo das patoloxías. Servíndonos de ferramentas de bioloxía molecular, en especial da reacción en cadea da polimerasa (PCR) en tempo real, desenvolvemos un servizo de identificación dos principais patóxenos de peixes de modo rápido e preciso, aumentando os niveis de detección, e en certos casos complementando esta técnica coa análise de parámetros bioquímicos para dar un diagnóstico o máis fiable e eficaz posible.

Realtime westernBLot 1D y 2D

Análises nutricionais

Produción monoclonal e policlonais

Detección de patóxenos

Ensaios