Industria 4.0
As tecnoloxías asociadas á Industria 4.0 teñen o potencial de crear un extraordinario crecemento de oportunidades e vantaxes competitivas para a industria. Así como a dixitalización supón unha gran oportunidade para a industria en termos de incremento de produtividade, competitividade e crecemento, converténdose deste xeito nunha das grandes prioridades de I+D+i.
As empresas teñen a necesidade de poder avaliar e comprender as implicacións prácticas da innovación dixital, probala e experimentala antes da súa implementación. Para iso, resultan imprescindibles infraestruturas tecnolóxicas, laboratorios e plataformas coas que se constrúan centros de experimentación, demostración e asesoramento que poidan facilitar o desenvolvemento e validación de tecnoloxías, así como asesorar de forma personalizada ás empresas, independentemente do seu tamaño, para tomar así as mellores decisións en canto a investimentos tecnolóxicos.