Clúster da Acuicultura
punto de encontro entre empresas e organizacións para fomentar a innovación e promover a cooperación e comunicación
O Clúster da Acuicultura é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro, que agrupa ás empresas relacionadas co sector acuícola de peixe, principalmente de Galicia.
Nace no ano 2.000, promovido pola iniciativa das principais empresas acuícolas galegas de rodaballo. Ten como fin principal a calidade de produto, garantías para o consumidor, innovación, formación en todos os niveis e procura permanente dos factores que satisfagan as necesidades do mercado.
Actualmente, o Clúster da Acuicultura sitúase como referente internacional en acuicultura de peixes planos. Os seus asociados, con plantas repartidas por toda Europa, representan o 85% da produción europea de peixes planos.