Background

Capacidades do Clúster

Promoción da cooperación entre axentes de I+D+i

Promove a cooperación entre os distintos axentes do sistema de ciencia e tecnoloxía e empresas públicas e privadas para lograr solucións conxuntas en materias de mutuo interese en aras dunha mellora da Acuicultura que eleve a competitividade e mellore o aproveitamento dos resultados de I+D por parte das empresas e fortaleza o proceso de internacionalización.

Grupos de traballo

Impulsa a posta en marcha de Grupos de traballo para o estudo da situación da acuicultura galega e avaliar as necesidades que no mesmo puidésense detectar, de forma que se poidan articular os mecanismos necesarios de interacción entre os centros de investigación e desenvolvemento tecnolóxico e as empresas do sector.

Diagnóstico da situación da Acuicultura

Realiza e promove proxectos de estudo, investigación e desenvolvemento tecnolóxico dirixidos a profundar no diagnóstico da situación da Acuicultura e Gandería, para a creación dunha base de coñecementos que poñerá ao dispor dos axentes económicos, sociais e culturais, utilizando ou adquirindo coñecementos científicos e tecnolóxicos.

Formación icono

Cualificación e a formación continua dos recursos humanos

Emprende actividades de desenvolvemento de habilidades directivas que aborden aspectos prácticos de xestión empresarial, defendendo os intereses dos seus asociados.

Fomenta o incremento da cualificación e a formación continua dos recursos humanos, para lograr a mellora constante da capacitación tecnolóxica das empresas do Clúster.

Promoción e participación en xornadas nacionais e internacionais

Promove e participa en xornadas nacionais e internacionais sobre tendencias do coñecemento nos sectores acuícola, así como fomenta a xestión da calidade e as políticas ambientais entre as empresas asociadas e a prevención laboral entre os traballadores.

Nuevas tecnologías icono

Impulso á utilización de novas tecnoloxías

Impulsa a utilización de novas tecnoloxías establecendo redes de traballo e estudo interactivo entre todas as empresas socios do Clúster e o resto dos axentes de ciencia e tecnoloxía e a súa conexión a outras redes nacionais e internacionais de coñecemento en acuicultura.

Bienestar animal acuicultura icono

Promoción do desenvolvemento da acuicultura sostible

Promover o desenvolvemento da acuicultura sostible, velando tanto pola calidade e seguridade alimentaria dos produtos como sendo respectuosa co medio ambiente e co benestar animal.